Queridas companheiras, amigas, irmás de todos os cantos do Estado Espanhol, que nestes dias saístes à rua para dizer ao Regime que se tocam umha, […]
Queridas companheiras, amigas, irmás de todos os cantos do Estado Espanhol, que nestes dias saístes à rua para dizer ao Regime que se tocam umha, tocam-nos a todas.
Obrigados. Com todo o nosso agarimo. Obrigados por nos fazerdes sentir o vosso calor, desta comunidade que existe apesar de todos os pesares.
Obrigados por pordes o corpo, que é o único que temos as que sonhamos com os mundos que levamos nos nossos coraçons.
Obrigados por encherdes as praças com sorrisos cúmplices.
Obrigados por partilhardes que a desobediência civil e a autodeterminaçom som um aríete contra este Regime de 78 – e a sua unidade indivisível – que parece estar disposto a todo.
Obrigados por defenderdes que a terra nom se vende, que o céu nom é de ninguém e que os sonhos nom cabem nos seus cárceres. Obrigados por continuardes a caminhar, por continuardes de pé.
Nom nos representam.
Porque, ainda que gastem milhons em explicar ao mundo que a sua é umha democracia exemplar e consolidada, na realidade nom tenhem cárceres avondo para encerrarem toda a dignidade coletiva de quem luita pola memória e polo futuro.
Porque, ainda que teimem em continuar a nos impor umha Monarquia corrupta herdeira da ditadura e umha classe política filha do clientelismo e da economia do tijolo, continuaremos a impugná-la.
Nom, nom nos representam. Porque, enquanto chamam violento quem sofre a violência policial, eles continuam a se enriquecer com a venda de armas e a contribuir para guerras injustas, como a que agora padecem os nossos irmaos e as nossas irmás curdas.
Porque tampouco podemos assumir umha dívida que gerárom eles, que nos impede construir um presente e um futuro dignos.
Nom nos representam. E por isso nom vamos aceitar que continuem a afogar-nos como classe trabalhadora, às portas doutra crise económica.
E nom, tampouco podemos – nem queremos – assumir “as contradiçons” dumha suposta “democracia avançada” que permite, junto a outras supostas “democracias avançadas” da Uniom Europeia, que assistamos à matança continuada no Mediterráneo, na fronteira sul e em cada centro de internamento.
Por todo isso, nom havemos de abandonar a luita por um futuro democrático para as nossas filhas.
Por todo isso, fazemos nossa a vossa luita e nossa a vossa magia, porque só mediante a dissoluçom deste regime monárquico de 78 é que daremos começado a construir um futuro justo e em liberdade.
Às praças!
Guanyarem!
Carta aos pobos do Estado
Queridas compañeiras, amigas, irmás de todos os recunchos do Estado Español que estes días saístes á rúa para dicir ao Réxime que se nos tocan a unha, tócannos a todas.
Grazas. Con todo o noso agarimo. Grazas por nos facerdes sentir a vosa calor, desta comunidade que existe a pesar de todos os pesares.
Grazas por pordes o corpo, que é o único que temos as que soñamos cos mundos que levamos nos nosos corazóns.
Grazas por encherdes as prazas con sorrisos cómplices.
Grazas por partillardes que a desobediencia civil e a autodeterminación son un ariete contra este Réxime do 78 – e a súa unidade indivisíbel – que parece estar disposto a todo.
Grazas por defenderdes que a terra non se vende, que o ceo non é de ninguén, e que os soños non caben nos seus cárceres. Grazas por seguirdes camiñando, por seguirdes de pé.
Non nos representan.
Porque, aínda que gasten millóns en explicaren ao mundo que a súa é unha democracia exemplar e consolidada, en realidade non teñen cárceres dabondo para encerraren toda a dignidade colectiva de quen loito pola memoria e polo futuro.
Porque, aínda que se empeñan en seguir impóndonos unha Monarquía corrupta herdeira da ditadura e unha clase política filla do clientelismo e da economía do ladrillo, seguiremos a impugnala.
Non, non nos representan. Porque, mentres chaman violentos quen sofre a violencia policial, eles seguen a se enriqueceren vendendo armas e contribuíndo a guerras inxustas como a que agora padecen os nosos irmáns e as nosas irmás curdas.
Porque tampouco podemos asumir unha débeda que xeraron eles, que nos impide construír un presente e un futuro dignos.
Non nos representan. E por iso non imos aceptar que sigan afogándonos como clase traballadora ás portas doutra crise económica.
E non, tampouco podemos – nin queremos – asumir “as contradicións” dunha suposta “democracia avanzada” que permite, xunto coas outras supostas “democracias avanzadas” da Unión Europea, que asistamos á matanza continuada no Mediterráneo, na fronteira sur e en cada centro de internamento.
Por todo iso, non habemos abandonar a loita por un futuro democrático para as nosas fillas.
Por todo iso, facémonos nosa a vosa loita e nosa a vosa maxia, porque só mediante disolución deste réxime monárquico do 78, seremos quen de comezar a construírmos un futuro xusto e en liberdade.
Ás prazas!
Guanyarem!
Català |
Castellano |
Galego |
Euskara |
Asturianu |
Aragonés |
English